A suíza Anna Zehnder (1h49:58) impúxose no Mundial de Dúatlon Cros con case un minuto e medio de vantaxe á italaina Noemi Bogiatto, prata, que foi a única muller que puido facerlle fronte ata o último segmento de carreira a pé. A australiana Laura Gillard levou o bronce absoluto. Bogiatto e Gillard, ambas as duatletas sub 23, lograron o ouro e a prata, respectivamente, nesta categoría. María Sánchez foi a primeira española absoluta en meta (quinta), mentres que a súa compañeira Zoila Sicilia, oitava da xeral, colgouse o bronce sub 23.
En categoría masculina, a potente Selección belga foi a gran protagonista da xornada, logrando colocar a tres dos seus integrantes entre o primeiros catro clasificados. Thibaut De Smet (1h32:50) proclamouse campión do mundo con case dous minutos de vantaxe sobre o seu compatriota Sebastien Carabin, segundo en meta. O bronce adxudicoullo o francés Arthur Forissier. O primeiro español, undécimo, foi Sergio Correa. Entre os sub23 os belgas tamén levaron o ouro grazas á boa actuación de Yannis Devoldere. A prata foi para o italiano Davide Catalano, e o bronce mundialista para o español Pedro da Torre sendo, ademais, o segundo español en meta da xeral.
OURO PARA JULIA TENORIO E MANUEL PRADA EN CATEGORÍA JÚNIOR
España logrou o dobrete en categoría júnior. Manuel Prada, que xa foi campión do mundo por substitucións mixtas 2×2 o domingo, e Julia Tenorio, se han levados senllos ouros hoxe en Verducido.
Prada protagonizou unha bonita remontada para coroarse campión na última transición, cunha segunda posición obtida por Aleix García, por diante do italiano Margaria, terceiro. Julia Tenorio e a súa irmá María (prata en tríatlon cros) ofreceron un precioso espectáculo compartindo a cabeza de carreira practicamente á vez ata a liña de meta, onde se impuxo Julia. O bronce levoullo a italiana Serena Bratti.
PRÓXIMAS COMPETICIÓNS E ACTIVIDADES
A competición trasládase mañá de novo ao río Lérez na capital pontevedresa e ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa disputa do Mundial de Acuatlón (desde as 15h os grupos de idade e a partir das 18h30 os elite, sub 23 e júniores. O sábado terá lugar o tríatlon de promoción aberto a todo o mundo “Trimparables” desde as 11h15, e o domingo o punto e final e prato forte será o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia e o AquaBike.
