GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

6WAJ0727 2

Javi mostra os engados de Pontevedra para trotar en compaña do Lérez

Un paseo á carreira do que gozaron nun ambiente distendido

Javier Gómez Noya é un ídolo de nivel mundial para moitas persoas relacionadas co triatlón. Aproveitando un respiro entre as duas competicións da modalidade cross o pentacampeón celebrou unha carreira pola beira do río e a illa cun grupo de persoas coas que conversou e convidou a vir a Pontevedra cando desexen, xa a cidade ofrece inmellorables condicións para a práctica deportiva.

Un paseo que mostra parte da rutina diaria de Gómez Noya e o resto dos triatletas locais como Pablo Dapena ou Susana Rodríguez, tamén moi coñecidos polo público triatleta internacional. Unha experiencia que resultou inesquecible para moitas persoas que se achegaron a Pontevedra para gozar do Multisport ou tomar parte nalgunha das carreiras programadas entre o 20 e o 29 de xuño, que no momento deste paseo lerezano atravesaba o ecuador.

Comparte esta nova