MULTISPORT 2025 SPORT ART DIVERSITY PRIDE

WhatsApp Image 2025 06 28 at 14.20.34

Rafael Córdoba, trimprescindible

Medalla ao animador máis falangueiro e descarado das carreiras

O sofocante sol de mediodía fixo xustiza sobre as pistas do CGTD. A medalla máis traballada, a honra máis curtida, un sprint alborotador e louco como a xenialidade do seu protagonista. Rafael Córdoba foi condecorado polo staff de comunicación da proba. Desde hoxe, un trimprescindible.

Algunas persoas pedíranlle o día anterior a Córdoba que acudise en torno ás 13:30 horas ao arco de meta do Trimparables, ao que chegaban as e os triatletas que participaran na modalidade sprint deste tríatlon organizado pola Federación Española en combinación co diario As e a Cadena Ser, que se celebra este ano en distintas cidades españolas.

A sorpresa foi cando Ángel Fernández, speaker oficial da competición, convidaba a Córdoba a subir ao podio, para ofrecerlle un agasallo en recoñecemento pola súa entrega animando as carreiras co seu inseparable megáfono. Pouco lle costou subir ao alto da tribuna, ataviado con bañador, megáfono e as megafashion gafas con margaridas, para posar con desenfadado aceno, eternas risotadas e esa expresividade locuaz que enamora e todo o convirte en ledicia.

“Non agardaba isto, ademáis en público”, dixo entre risas Rafa. “A min gústame sumar e multiplicar desde a grada”, dixo defendendo a súa filosofía o recoñecido animador deportivo e social da cidade. “Eu a quen represento é a toda a xente que empatiza, que suma e que multiplica, que hai moita, moita xente implicada neste evento”.

Unha medalla exclusiva, gravada co seu nome, que o convirte no animador máis fachendoso e vivaracho das carreiras deste Multisport que chega ás súas últimas horas.

Comparte esta nova