GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

IMG 3963 2

O Pavillón Universitario, corazón do Voluntariado

Unha base loxística e organizativa que dá servizo ao conxunto do evento

O Pavillón Universitario é o auténtico corazón do voluntariado, un ponto de referencia das máis de 400 persoas vencelladas ao evento e no que ten lugar toda a operativa desta importante participación popular.

Persoas de todas as idades, maioritariamente de Pontevedra pero tamén doutros moitos lugares, participan nos labores de apoio ás carreiras, un vencello impagable e moi beneficioso para a cidade e o deporte, xa que delas depende o soporte dunha proba segura, unha organización impecable e un desenvolvemento feliz.

Nas gradas do Universitario, segundo nos explica Miguel Balea, o coordinador do departamento, realízase todo o labor organizativo, dividido nas sete seccións das que consta o operativo, con cadaseu ou súa coordenadora técnica. Un traballo que coordinan tanto co dispositivo de protección civil como dos distintos corpos de policía implicados.

Entre o persoal voluntario hai persoal das forzas armadas, da prisión de A Lama e de varias entidades sociais como Juan XXIII, e por suposto unha gran cantidade de persoas que colaboran individualmente, en familia ou grupos de amizade.

O Universitario serve tamén de base loxística de distribución de xantares e bebidas, que se distribúen para unhas mil persoas contando o persoal voluntario e o de seguridade.

Comparte esta nova