Promoción da diversidade cultural
A diversidade cultural é un valor universal, e nas finais do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2026 queremos celebrala con diversas iniciativas:
- Intercambio de camisetas deportivas, fomentando o respecto e a conexión entre os países participantes.
- Spotify do evento, unha playlist multicultural creada por atletas, público e staff. Esta lista colaborativa, “Playlist Campeonato del Mundo de Triatlón Pontevedra 2026“, é unha iniciativa para visibilizar a diversidade das persoas que participan e previr a discriminación a través da música e o deporte. Súmate e engade as túas cancións favoritas:
- Busca a túa canción en Spotify.
- Preme nos tres puntos (menú).
- Selecciona “Engadir á lista de reprodución” e elixe a playlist “Playlist Campeonato del Mundo de Triatlón Pontevedra 2026“.
Tamén podes compartir a ligazón coas túas amizades e facer que esta lista de reprodución sexa aínda máis diversa.
Fagamos historia xunt@s!