GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

O evento inaugural

Aviso importante: na publicación enviada aos domicilios de Pontevedra aparecen uns planos deste evento que quedaron desfasados por modificacións posteriores. Os que figuran nesta páxina son os correctos.

CINCO CONTINENTES. UN SÓ MUNDO

A inauguración da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon Pontevedra 2026 consta dun desfile de bandeiras e unha sesión de benvida.

As delegacións dos países reuniranse por continentes a partir das 17.45 nos cinco puntos que se indican no plano de abaixo. Cada punto de encontro estará sinalizado.

Alí haberá música en directo e personaxes que acompañarán ás e aos triatletas ata o final do desfile.

Desde o punto de encontro camiñarán ata a Peregrina, onde se xuntarán para desfilar coas súas bandeiras pola rúa Michelena ate a praza de España.

NOS SEGUINTES GRÁFICOS TES MÁIS INFORMACIÓN

Galego

Español

English

08764033 0765 4082 83c7 26b1ed05620c

Podes descargar un dossier (.pdf) con máis información sobre os eventos e artistas participantes