
Eco-city, Eco-event
Estratexia de sustentabilidade
No marco das Finais do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2026, e seguindo o camiño marcado polo pasado Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte Pontevedra 2025, recoñecido co Certificado de Ouro en sostibilidade. Deseñouse unha estratexia de sostibilidade que integra:
- Criterios ambientais, minimizando os impactos negativos sobre o clima, a auga, os ecosistemas e a biodiversidade.
- Criterios económicos, promovendo a eficiencia no uso de recursos, o consumo responsable e a redución de emisións.
- Criterios sociais, garantindo accesibilidade universal, a igualdade de oportunidades e a inclusión.
O obxectivo principal desta estratexia deseñada cun horizonte a dous anos é previr estes impactos negativos, avanzar cara a un modelo máis sostible e aliñarse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A sustentabilidade está presente en cada etapa do evento:
- Planificación
- Organización
- Montaxe
- Celebración
- Desmontaxe
O éxito desta estratexia depende da implicación de todos os actores involucrados no evento, trátase pois dun compromiso colectivo no que participan:
- Deportistas
- Organización
- Entidades colaboradoras
- Patrocinadores
- Voluntariado
- Público
Para garantir un evento sostible, a comunicación xoga un papel clave. Tanto a comunicación interna como a externa son esenciais para concienciar e aliñar todos os participantes: persoal, entidades colaboradoras e patrocinadoras, deportistas, voluntariado e público asistente ao evento.
Os obxectivos de sustentabilidade
- Combater o cambio climático.
- Diminuír a pegada hídrica e ecolóxica.
- Aplicar principios de economía circular, entre eles: redeseñar, repensar, reducir, reutilizar, reparar, restaurar, readaptar e reciclar.
- Impulsar o consumo responsable e fortalecer a economía local.
- Promover a saúde e a integración social a través do deporte.