Consellos de mobilidade
— Use o coche o menos posible nas datas e horas toda a cidade indicadas
— Danse as máximas facilidades a garaxes e servizos. Todo o persoal fará todo o posible por facilitar o acceso nas zonas afectadas.
— Todos os operativos estarán sinalizados con rótulos amarelos. Faga caso desta sinalización especial.
— Por favor, colabore ao máximo coa Policía e o persoal da proba.
Estamos esforzándonos en causar as mínimas molestias.
Dispositivo de mobilidade
Se tes que moverte en Pontevedra entre os días 20 e 29 de xuño
986 833 080
Un teléfono ao que chamar por se precisas información máis concreta sobre os teus desprazamentos durante eses días.
Tamén podes enviar a túa consulta por correo electrónico aquí: policialocal@pontevedra.eu indicando o teu número de tlf. para que poidamos chamarte.
A Policía Local preparou un completo dispositivo para cada día da proba, para cada careira.
Elaboramos 5 mapas xerais, con recomendacións para toda a cidade, e 15 mapas de zonas, con indicacións para cada un dos lugares polos que decorren as carreiras ou se utilizan para servizos do campionato.
Aquí tes toda a información: