GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Economía circular

Economía circular

Redeseñar, repensar, reducir, reutilizar, reparar, restaurar, readaptar, reciclar… son accións clave para acadar o obxectivo da economía circular.

Algunhas das iniciativas que formulamos para estas finais do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2026 inclúen:

  • A reutilización dos vasos de auga no circuíto destinado aos distintos grupos de idade.
  • A recollida de roupa e zapatillas deportivas na Zona Expo para a súa reutilización a través de colectivos sociais, doa as prendas que xa non precises!
  • A reutilización de sinaléctica empregada noutras competicións (incluído o pasado Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte Pontevedra 2025) e o aluguer de equipos por parte da FETRI.
  • A reutilización da alfombra azul do evento noutras competicións deportivas.
  • A recollida de excedentes alimentarios en colaboración con comedores sociais.
  • A implementación dunha política para evitar o uso de menaxe de plástico dun só uso na zona de catering, co obxectivo de converterse nun evento libre de plásticos.
Chanclas gal 1
Doazón trilingüe