GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Equidade a través do deporte

Equidade a través do deporte

As finais do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2026 serán un evento inclusivo e accesible para persoas con mobilidade reducida. O noso obxectivo é que todas as instalacións, percorridos e puntos clave do campionato sexan funcionais , seguros e cómodos para todas as persoas.

https://events.triathlon.org/es/2026-wtcf-pontevedra/sustainability

https://ok.pontevedra.gal/es/para-todas-y-todos/

Instalarase sinalización con pictogramas grazas á colaboración con entidades do terceiro sector para facilitar a información a tódalas persoas.

A cidade de Pontevedra conta cunha política pública de igualdade que ten como finalidade garantir que as mulleres e os homes poidan participar de forma igualitaria en todos os ámbitos da vida, incluído o deporte (https://igualdade.pontevedra.gal/).

A FETRI, como promotora do WTCF – Pontevedra 2026 xunto co Concello de Pontevedra, trata ademais de visibilizar o papel das mulleres no deporte, para o que avalía anualmente a presenza de mulleres en todos os ámbitos relacionados (deportistas, organización, xuíces e xuízas…). Ademais, conta cun protocolo para a prevención, detección e actuación fronte o acoso e o abuso sexual para conseguir contornas deportivas seguros.

Esta política impleméntase durante a celebración do evento, con diferentes accións, entre elas:

  • Igualdade de premios entre categorías masculinas e femininas.
  • Igualdade de acceso a instalacións de adestramento.
  • Dispoñibilidade de produtos de hixiene feminina.

Do mesmo modo, impleméntanse medidas que permitan e protexan a conciliación da vida persoal, familiar e deportiva:

  • Zonas de lactación en distintas situacións:
    • Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
    • Stand de Sostibilidade na Zona Expo.
  • Información sobre servizos de gardaría na cidade.

O evento contará ademais con voluntariado universal, composto por persoas pertencentes ao tecido asociativo local.

Diferentes asociacións estarán presentes no córner solidario da Zona Expo para dar visibilidade ás súas iniciativas.