Loita contra a emerxencia climática
Para minimizar as emisións xeradas polo evento, implementaranse diversas medidas:
- Fomento da mobilidade sostible.
- Iniciativa “1B1V” (Un billete, un vaso): na zona Expo, os asistentes poderán trocar un billete de transporte público con data dos días do evento por un vaso reutilizable.
- Uso de vehículos eficientes por parte da organización.
- Instalacións deportivas eficientes: uso de fontes de enerxía renovables, sistemas de iluminación eficientes e tecnoloxías de baixo consumo na infraestrutura do evento.
Ademais, o Concello de Pontevedra levará a cabo unha plantación de árbores unha vez rematado o evento e realizado o cálculo de emisións de CO2 xeradas con motivo da competición, contribuíndo a que estas finais do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2026 sexan un Evento Neutro en Carbono.
Súmate ao cambio! Desprázate de forma sostible e participa na plantación de compensación de emisións que realizaremos despois do evento.
- Calidade ambiental de Pontevedra: https://pmus.pontevedra.gal/que-e-o-pmus/calidade-ambiental-de-pontevedra/
