“Pontevedra é Boa Vila, dá de beber a quen pasa…” son os primeiros versos do dito máis popular da cidade, punto de chegada de xente que percorre os camiños que levan a Compostela e hoxe tamén dos milleiros de persoas que chegan á nosa cidade con calquera motivación.
O éxito operativo de calquera evento deportivo débese en gran parte á colaboración activa e voluntaria da cidadanía. O seu labor é fundamental para poder levar a cabo diversas funcións básicas para o correcto desenvolvemento de calquera evento, como poden ser apoio en secretaría, a xuíces ou xuízas, protocolo, control de accesos etc.
Formar parte do equipo de voluntariado desta Gran Final do Campionato do Mundo de Tríatlon SUPÓN colaborar na organización do máis grande acontecemento anual deste deporte.
Trátase dunha ocasión única para gozar das competicións, coñecer de preto á súa xente así como todos os detalles que viran ao redor dunha Gran Final.
Calquera persoa que o desexe pode formar parte deste gran equipo, sempre que teña dispoñibilidade de tempo e ganas de axudar, de prestar as súas mans.
Para iso só hai que completar o formulario que aparece na barra lateral.
VEN VIVIR UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!
