GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Asfaltados

A cidade ponse a punto para as carreiras

O plan de asfaltados revisa minuciosamente e intervén nas rúas polas que decorren os circuitos

A preparación da cidade para a celebración da Gran Final do Campionato do Mundo de Tríatlon inclúe unha revisión exhaustiva das superficies de rodaxe e carreira, polo que as beirarrúas deben estar ao máximo nivel.

Aínda que en xeral o mantemento urbanístico realízase todos os anos, en 2026 púxose especial coidado na revisión do circuíto que utilizarán os milleiros de participantes nas distintas fases das competicións.

A minuciosa revisión de beirarrúas e detalles fixo recomendable reasfaltar as principais vías das carreiras, como Cobián Roffignac ou a avenida de Bos Aires, rúas de tráfico segregado que combinan amplas beirarrúas con vías asfaltadas. Noutras rúas importantes dos circuítos, sobre todo as situadas no centro histórico, só foi necesario reparar algunhas lousas ou outros detalles puramente anecdóticos, xa que as carreiras transcorren por zonas de placas de granito ou adoquines de pedra ou formigón.

O plan anual de mantemento do asfalto deste ano contempla intervencións en case 100 rúas e estradas de todo o municipio e o investimento ascende a máis de 4,3 millóns de euros.

Comparte esta nova