Pontevedra reúne a 5.400 deportistas de 100 países e converte a Gran Final no maior acontecemento da historia de World Triathlon. A cidade rachou con todas as previsións e prepárase para a proba máis grande do tríatlon mundial.
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon 2026 supera en máis dun 27% as estimacións iniciais e converte á cidade galega, do 23 ao 27 de setembro, na gran final máis numerosa de todas cantas se levan celebrado en calquera parte do mundo.
A magnitude da participación volve situar á cidade nunha posición única. Torremolinos 2025 marcou xa un fito e agora Pontevedra recolle a testemuña cunha cifra histórica e con 100 países representados.
A cita reunirá durante cinco días á elite mundial e a miles de deportistas de categorías júnior, sub-23, paratriatlón e grupos de idade, con 13 campionatos e probas mundiais nunha semana que converterá toda a cidade en escenario do campionato inernacional. World Triathlon considera as Championship Finals a gran cita do seu calendario anual.
O campionato consolida una relación excepcional con World Triathlon que comezou coa celebración da Copa de Europa Premium ITU 2008, hai por tanto 18 anos.
Nesta ocasión, as persoas poderán aplaudir a un triatleta palestino que competirá nas categorías de grupos de idade.
“PONTEVEDRA, MOITO MÁIS QUE UN MUNDIAL”
Segundo explican na Federación Española de Tríatlon, o acontecemento transcenderá a competición grazas á programación cultural que se celebrará baixo o lema «Somos Música», con 14 actuacións que comezarán o 18 de setembro e acompañarán á Gran Final ata o seu peche, con artistas como Zeltia Irevire, Moi, Uxía Lambona e a Banda Molona, Ortiga, Galician Army, De Ninghures e Panorama City.
Pontevedra consolida unha relación excepcional con World Triathlon que comezou co Mundial Multideporte de 2019 e continuou cos campionatos de 2023 e 2025. Só tres cidades no mundo —Pontevedra, Edmonton e Gold Coast— conseguiron albergar dúas Finais da máxima competición do tríatlon internacional.
