GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Vieiras 2

Cascas de vieira para animar a competición desde as gradas

Unha campaña coa que colabora a empresa evisceradora Porto de Cambados

As cunchas de vieira terán un protagonismo especial na Gran Final, pois constituirán un xeito moi galego de substituir ás carracas de plástico chegadas do outro lado do mundo á hora de animar ás e aos triatletas nas gradas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. 

Así o concebiu unha liña de traballo da área de sustentabilidade da Gran Final, que xuntou neste concepto varias acepcións: orixe, ruido, folclore, natureza, proximidade e orixinalidade, cinco elementos que conflúen nas ideas dun evento atento aos detalles máis senlleiros.

Trátase dunha acción na que colabora a empresa evisceradora Porto de Cambados e a Asociación de persoas discapacitadas intelectuais Virxe da O, que se encargaron de engarzar unha fita entre cada dúas cunchas para construir unha especie de castañola de maior tamaño.

A vieira é todo un elemento ecofuncional en Galicia, xa que se foi convertindo en símbolo xacobeo, según a teoría máis xeralizada, grazas á súa “condición” de vaso para beber das fontes mentres se fai o camiño. Tamén últimamente, na etapa na que o tabaco era un costume máis xeralizado, as cunhas de vieira facían de cinceiros en todo o país. Iso sen contar o seu carácter decorativo e simbólico, que inclúe un pequeno edificio relixioso na Illa da Toxa, que foi recuberta completamente de cunchas como antídoto contra a humidade, fórmula que pode verse nalgunhas paredes medianeiras expostas ao vento.

Ir a Vieira do Porto de Cambados

Comparte esta nova