GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Captura de pantalla 2026 08 17 a las 17.18.29

Emi Ramírez e Law poñen toda a súa forza nun video que promociona a Pontevedra da Gran Final

Circulará polas numerosas redes sociais do campionato

Un video de cidade coa vitalidade urbana de Pontevedra e o tríatlon como protagonistas servirá neste último treito de promoción da Gran Final como elemento audiovisual para potenciar a imaxe da cidade.

Unha imaxe que proxecta festa, acción, patrimonio, natureza e orixe, todo elo basado na música de Law, en concreto, seccións do seu “Lévame a ese lugar”, unha das súas últimas producións, que aporta Forza e dinamismo á montaxe de Emi Ramírez, o produtor pontevedrés que editou o clip.

A sucesión de imaxes elixidas por Ramírez van máis aló do tópico puramente urbano e circulan polos arredores da capital, con moita presenza de auga, festa e deporte. Tanto o río Lérez como as praias da ría falan dunha Pontevedra sen fronteiras de cara á cita internacional.

A peza circulará nas redes sociais do campionato para reforzar a sede de Pontevedra como un lugar apetecible e idóneo para recibir os milleiros de visitas previstos para a Gran Final do Mundial, entre o 23 e o 27 de setembro.

Emi Ramírez é ademáis un dos fotógrafos oficiais do campionato, polo que nen a súa cámara nen os seus arranxos son alleos ao tríatlon, para o que traballou noutras ocasións. Law é unha das grandes voces emerxentes da escena musical galega que cunha base tradicional fai viaxar a súa música aos sons máis contemporáneos e electrónicos.

Comparte esta nova