GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

WhatsApp Image 2026 09 24 at 14.29.44

Hungría e Suiza, primeiros ouros da Gran Final, cun cuarto posto galego

Candela Sánchez, ás portas do podio na carreira junior feminina

A actuación de Candela Sánchez foi a máis salientable de todos os españois ou españolas que competiron na categoría júnior. A galega chegou ata a segunda transición co grupo perseguidor da inalcanzable húngara Fanni Szalai. Nos cinco quilómetros de carreira a pé foi de menos a máis para ser, finalmente, a 4ª mellor triatleta júnior de mundo. Pola súa banda, Alba Nuñez, non puido seguir o ritmo das primeiras no último segmento e concluíu 18ª.

O título foi, de xeito esmagador, para a gran favorita Fanni Szalai. A magiar subcampioa mundial o ano pasado, saíu da auga cunha impresionante renda de 30 segundos coas súas perseguidoras. No segmento das dúas rodas recortáronlle uns segundos, pero rematou na carreira pé marcando o mellor crono con 16´17”. A prata foi para a suíza Anouk Danna, que logrou o segundo posto no podio grazas a unha gran carreira a pé.

O bronce levoullo o seu compatriota Kimey Casanova. Na proba masculina, gran natación dos españois Damián Suárez e Jonay Álvarez que, xunto ao alemán Henry Haag, marchaban na cabeza tras a natación. Por detrás formáronse dous grupos perseguidores que acabaron dando caza ao trio de cabeza para fusionarse todos e formar un gran pelotón. Nel, marchaban os tres españois; Damián, Jonay e Lucas García.

Nun segmento de carreira de sálvese quen poida, os españois non puideron loitar polas medallas. O mellor foi Damián Suárez que terminou 13º, Jonay Álvarez foi 18º e o campión de España, Lucas García, só puido ser 35º. O caixón máis alto do podio foi para o suízo Thibault Rivier, a prata para o portugués Dinis Ferreira e o bronce para o austriaco Jelle Kaindl.

Comparte esta nova