GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Cam vount 5

Magnífico inicio da campaña de Voluntariado, con 200 persoas anotadas

"Dá de beber a quen pasa", un lema de gran potencia local que conecta coa memoria histórica da cidade

A campaña de fomento do voluntariado para a Gran Final do Mundial de Tríatlon está dando os seus froitos, pois xa se superan sobradamente a metade dos obxectivos que se plantexaron, se ben aínda poden recibirse colaboracións ata primeiros de setembro.

As persoas que se achegan son fundamentalmente da área pontevedresa pero nótase un repunte de colaboracións procedentes do resto de Galicia, tal como informan desde a Oficina do Voluntariado, entidade coordinadora da xestión do voluntariado, que neste momento supera xa as 200 persoas individuais, sen contar as participacións colectivas das entidades que habitualmente forman parte dos operativos.

“Dá de beber a quen pasa” é a principal mensaxe verbal deste ano, que se pode ver polas principais rúas da capital, tanto en lonas publicitarias como en elementos “abrazafarolas”, que xa se utilizaron noutras ocasións con gran impacto na súa visibilidade. Ademáis conecta coa memoria histórica local como cidade de referencia do Camiño Portugués a Santiago, parada de referencia para a peregrinaxe e lugar de ampla tradición acolledora.

As lonas dispóñense tanto en vías peonís como nas avenidas litorais de tráfico rodado. Algunhas delas están dotadas de códigos qr que conectan directamente coa información para darse de alta no sistema.

Podes darte de alta no sistema de voluntariado aquí ou obter máis información no seguinte enlace.

Comparte esta nova