A organización do voluntariado de cara á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon anuncia que cumpriu os obxectivos de compromisos persoais que se plantexara ao principio do seu traballo: chegar ás aproximadamente 700 colaboracións puntuais, que poderían chegar a ser prestadas por arredor de 250 persoas. Ese obxectivo inicial duplicouse, desbordando as previsións. Os datos a día de hoxe indican que se superaron as persoas que superan con moito as colaboracións necesarias, co que quedou pechada a recepción de candidaturas de voluntariado.
Cada persoa que se compromete a axudar na organización da proba pode elixir o número de colaboracións puntuais que ofrece, cun mínimo de 2. A maior parte da xente superou esa cifra mínima, co que os obxectivos fóron conseguidos con moitísima folgura.
A Oficina de Voluntariado, que realiza este traballo de captación de vontades, realizou este balance cando se achega a celebración do campionato para anunciar ao resto da organización que se cumpren os obxectivos plantexados desde un principio.
Estas prácticamente 500 persoas serán coordenadas por unha estrutura composta por 22 persoas encargadas das áreas de secretaría e acreditacións, apoio á dirección da carreira, protocolo e cerimonias, comunicación e prensa e loxística.
O ritmo de inscricións iníciase normalmente con bastante intensidade para relaxarse nas seguintes semanas, que vai medrando o número de persoas inscritas máis lentamente. Nesta ocasión houbo durante o verán un ritmo lento pero constante de adscripcións, coroados esta última semana cunha afluencia masiva, que fulminou os obxectivos do operativo de voluntariado, o que constitúe unha mostra moi satisfactoria do compromiso solidario da cidadanía colaborando de xeito masivo con esta convocatoria pública.
O voluntariado procede sobre todo de persoas individuais ou grupos que se achegar á organización para participar, pero del tamén forman parte outras persoas vencelladas a entidades sociais ou institucións, que se implicaron ao máximo.
