GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

WhatsApp Image 2026 09 25 at 21.18.03

Podios euro-canadienses en Sub 23

Izan Edo rematou cuarto, Pelayo González séptimo e Maite Jiménez-Orta novena

Cinco medallas europeas (dous ouros e unha prata franceses, unha inglesa e outra húngara) e un bronce canadiense foi o resultado dos podios absolutos Sub23, os mozos e mozas entre a idade xuvenil e a elite. Cento dezaseis mozas e mozos que tomaron a saída deron o mellor de si nas augas do Lérez e as rúas de Pontevedra.

Os Campionatos do Mundo da categoría Sub 23 deixaron unha emocionante carreira masculina na que os españois Izan Edo e Pelayo González pelexaron ata o final por intentar subirse ao podio tras sufrir unha caída na segunda volta do segmento de ciclismo que lles lastrou as súas opcións.

Finalmente, o aragonés Izan terminou 4º a tan só seis segundos do bronce e a oito da prata. Pola súa banda, o madrileño Pelayo González foi recuperando posicións na carreira a pé ata lograr a 7ª praza. Ademais, os galegos Andrés Prieto e Jarno Pousada finalizaron 16º e 30º, e o valenciano Héctor Tolsá 50º. O francés Nils Serre proclamouse campión do mundo, co británico Michael Gar prata e o húngaro Zalán Hóbor bronce.

A tarde abriuna o Campionato do Mundo Sub 23 feminino. Nesta competición a mellor española foi a sevillana Maite Jiménez-Orta que realizou unha gran remontada na carreira a pé para terminar 9ª. A valenciana Alejandra Seguín terminou 39ª e a madrileña Ana Carballo tivo que abandonar despois de sufrir un problema mecánico na súa bicicleta cando ía no grupo de cabeza. Todos os resultados pódelos atopar nesta ligazón.

En canto ao podio, dobrete francés con clara vitoria de Ilona Hadhoum, seguida do seu compatriota Léa Houart e da canadense Sidney Clement que foi bronce.

Comparte esta nova