GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Captura de pantalla 2026 09 07 a las 21.44.07

Ramón Mella e Pablo Dapena pasean pola paisaxe urbana do tercio ciclista da Gran Final

Zonas icónicas como a Basílica de Santa María, o Concello ou a Peregrina ennobrecen o percorrido que circunvala o Centro Histórico

O xornalista de Radio Pontevedra e ciclista Ramón Mella, coa compaña de luxo do triatleta Pablo Dapena realizaron un “recoñecemento” dun circuito de bici que presenta como novidade o seu decorrer polo centro da cidade. Mella e Dapena van comentando cordialmente as características do percorrido elite e o que realizarán os Grupos de Idade, que se achegan ao Concello de Barro.

A “subida da lúa” en referencia a unha popular sala de música deste lugar de Cerponzóns é unha das zonas ás que os dous se achegan coas súas bicis, pero onde está a novidade é no percorrido perimetral do Centro Histórico, xa que abandonan o río para coller pola rúa Arcepispo Malvar, circunvalan as ruinas da antiga muralla do Campiño e a Basílica de Santa María, sen dúbida o treito máis característico da nosa paisaxe urbana.

Máis tarde seguen por diante do Concello e Michelena para chegar a outro dos lugares icónicos: o santuario da Peregrina, que superan para chegar a Benito Corbal e coller Cobián Roffignac cara ao río.

Comparte esta nova