GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Captura de pantalla 2026 09 21 a las 8.16.48

Rioboo e Mella recoñecen a carreira a pé da Gran Final

Un circuito que abraza o centro histórico e pasa por diante de lugares emblemáticos da Boa Vila

O atleta pontevedrés Víctor Rioboo acompaña ao xornalista de Radio Pontevedra Ramón Mella a un recoñecemento do circuito a pé da Gran Final. Tal como fixera previamente co triatleta Pablo Dapena, este paseo comentado de Mella e Rioboo aporta claves para facer unha boa carreira a pé.

Os dous —Mella en bici e Rioboo correndo— parten da Ponte dos Tirantes para chegar, flanqueando o río, á zona do vello peirao pontevedrés, onde toman a rúa Galera para subir por Arcebispo Malvar cara a unha das imaxes máis icónicas da carreira, diante da Basílica de Santa María.

Sorteando as persoas que nese momento camiñan pola Michelena chegan á Peregrina para baixar posteriormente por Cobián Roffignac e cumprir así un percorrido idéntico ao da bici e que circunvala o centro histórico polas vías do primeiro anel da cidade.

…..

Tamén podes ver o recoñecemento en bici:

Comparte esta nova