GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Somos música 2

“Somos Música”, 14 concertos para amenizar a Gran Final

Preséntase cen días antes do comezo do campionato, con artistas emerxentes do panorama galego

“Encargamos esta programación con duas condicións: que fosen grupos emerxentes e de estilos variados, e que proxectasen a nosa identidade ao ámbito internacional”. Así se presentou “Somos Música”, o combinado de espectáculos paralelos ás probas deportivas de tríatlon que comezarán días antes do evento —o 18 de setembro— e rematarán coa gran traca final de Panorama City no recinto feiral para despedir a Gran Final.

Foron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anabel Gulías os encargados de presentar esta programación formada por 14 momentos musicais con Zeltia Irevire, Moi, Uxía Lambona, Hermanos Visi, Helena Egea, Purple, varias sesións de dj, Pablo Méndez, Ortiga, Galician Army e De Ninghures. Concertos en distintos formatos e lugares para ambientar musicalmente a cidade desde que comezan a chegar deportistas, uns días antes do inicio do campionato.

A presentación coincide cos 100 días que faltan para o inicio da cita, para o que se instalou na Ferraría un monolito de 3 metros de alto coa bandeira de World Triatlon e algunha información sobre o campionato, como as dez sedes das series deste mundial que remata en Pontevedra.

O alcalde e presidente do comité organizador da Gran Final mostrou o seu orgullo polo posicionamento da cidade neste tipo de eventos e resaltou a gran visibilidade internacional que se acada: “É unha programación cultural e festiva ampla, variada e moi contemporánea, chea de nomes emerxentes de gran calidade no panorama musical galego de hoxendía”.

“Os eventos de tríatlon non on un kit de produccións que chega a Pontevedra con todo listo. Son produccións locais nos que se implican máis de 20 empresas locais ou galegas que forman un ecosistema económico creativo darrredor do evento, con mención especial á empresa Jack-Jack que é a que coordena toda esta proucción”, dixo Gulías facendo referencia á economía de proximidade que se crea darredor do evento.

Somos música 1
Comparte esta nova