GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

WhatsApp Image 2026 09 25 at 14.17.39

Susi Rodríguez Gacio, oito veces raíña do mundo

As pratas de Nil Riudavets e Daniel Molina completaron o botín da delegación española

Susana Rodríguez foi profeta na nosa terra ao revalidar por oitava vez o título de campioa do mundo da categoría PTVI, e terceira consecutiva. Xunto á súa guía, Sara Pérez Sala, sacou a espiña do acontecido hai tres anos neste mesmo escenario por mor dunha caída e unha sanción que lle privaron do trunfo naquel día para esquecer.

Tres ouros para Francia, outros tantos para Estados Unidos, dous para o Reino Unido e un para Austria, Australia e Italia. En total foron 12 carreiras nas que en conxunto participaron 120 altelas paralímpicos cada un na súa categoría e xénero.

As outras dúas medallas do equipo español foron as pratas de Nil Riudavets na categoría PTS4 e de Daniel Molina na categoría PTS3. O mallorquino quedou a tan só 13 segundos da medalla de ouro que volveu gañar o francés Alexis Hanquinquant. Mentres que o castelán manchego, cinco veces campión do mundo e campión paralímpico en París 2024, non puido sumar o seu sexto cordón.

A participación española completouse co 5º posto de Lionel Morales na categoría PTS2, o 6º de Eva Moral en PTWC, o 9º de María Fortes en PTS5, o 10º de Samuel Rodríguez Masian en PTS4 e a actuación da categoría PTVI na que Héctor Catalá, xunto ao seu guía Diego Méntrida, foi 6º e os mozos pertencentes ao programa Promesas Paralímpicas Caixabank, Diego Molina, xunto ao seu guía Alfonso Izquierdo e Abel Torreblanca, xunto ao seu guía Ander Noain, que terminaron 9º e 10º, respectivamente.

Comparte esta nova