GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Interx

Unha competición interxeracional: 73 anos entre o máis maior e as persoas máis novas

Os 89 anos do máis veterano multiplican por 5,5 a idade dos de 16

O conxunto das carreiras da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon ofrecen unha maxia especial xuntando na mesma competición a persoas de moi diferentes xeracións, polo que constitúe un exemplo moi especial para relacionar a práctica deportiva e saudable coa idade. En total, 73 anos separan a ambas as xeracións.

Ás 28 persoas que teñen máis de 80 anos únense quen compite, tanto nas clasificacións júnior como nos grupos abertos de menor idade, que contabilizan 48 persoas nadas en 2010, o ano máis próximo á actualidade.

A persoa máis maior das que tomarán a saída no Lérez será John Charman, do grupo norteamericano dos Estados Unidos. Entre as máis maiores atópase tamén o pontevedrés Manuel Cruces, de 82.

Estas 76 persoas de idades máis extremas son unha minoría entre as máis de 5.000 trialtetas que se darán cita en Pontevedra, cidade na que convivirán e compartirán tanto un momento importante das súas vidas deportiva como unha experiencia inesquecible, xa que vivirán en primeira persoa este momento interxeracional e poida que compartan momentos entre si.

Tamén revelan a realidade actual das persoas maiores, algunhas das que fan da súa etapa post-laboral —polo menos nos países ricos— unha nova vida na que prima o deporte como motivación fundamental. Este tipo de campionatos son fundamentais para que estas persoas poidan desfrutar do tríatlon nos mesmos escenarios nos que compiten os seus ídolos, xa que eles mesmos constitúen unha parte fundamental da afección deste deporte.

Así mesmo, o evento contribúe a diluír as arestas máis crueis do idadismo, visibilizando ás persoas maiores como bandeiras dunha nova etapa na vida, que afronta os seus condicionamentos físicos con maior lucidez e enerxía.

Comparte esta nova