GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Maiores GF

Vinteoito participantes na Gran Final teñen máis de 80 anos

Seis delas son mulleres, e un pontevedrés: Manuel Cruces

Unha das dimensións máis épicas e fermosas da Gran Final dos mundiais de tríatlon non reside precisamente nos gañadores e gañadoras das competicións de elite. Hai outros herois e heroinas que contan os seus trunfos por enrugas e con rotundo orgullo correrán por Pontevedra. Vinteoito persoas maiores de 80 anos tomarán parte nas carreiras de grupos de idade. Entre eles, un estadounidense nado en 1937, con 89 anos.

Son 11 os ou as participantes que teñen máis de 80 anos: 4 de 81, outros tantos de 82, 2 de 83, un de 84, 4 de 85, un de 87 e outro de 89.

Das 28 persoas apuntadas de máis de oito décadas, 6 son mulleres e o resto homes. Entre estas 28 persoas máis maiores da competición cóntanse 9 estadounidenses, 7 británicos, 3 australianos e un de cada unha destas nacionalidades: Canadá, Líbano, Francia, Xapón, Arxentina, Luxemburgo, Suiza, Italia e España.

O único participante europeo do sur dos Pirineus é o galego Manuel Cruces, pontevedrés nado hai 82 anos, que xa ten participado nos campionatos internacionais que se celebraron na cidade con anterioridade.

Destes deportistas sénior, 8 deles ou elas teñen previsto competir en máis dunha disciplina.

Comparte esta nova