GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Captura de pantalla 2026 09 19 a las 15.14.11

Os máis de 5.000 deportistas veñen de 83 países distintos

Por continentes, Europa é a que máis persoas move, seguida de América

Cinco continentes e 83 países distintos. Eses son os números definitivos dos máis de 5.000 triatletas participantes na Gran Final do Mundial. Desde as grandes delegacións como a británica ou a estadounidense ata as unipersoais de Uruguai, Marrocos, Panamá, Honduras, Senegal, Uganda, Kenia, Túnez, Palestina, Albania, India, Kirguizistán ou Filipinas.

Europa é o continente que aporta máis participantes, con 2.416, seguido dos 1.986 americanos, os 304 procedentes de Oceanía, os 239 asiáticos e os 68 africanos.

É precisamente Sudáfrica a delegación máis numerosa do seu continente, con 56 persoas; australia do seu con 209; os Emiratos a maior aportación asiática, con 113, e o Reino Unido a europea, con 848, seguida de España con 298. En total, 5.013 deportistas aos que hai que engadir as persoas que acompañan a algúns participantes no paratríatlon como guías, e a outros que toman parte nas carreiras de relevos mixtos e que fan medrar a cifra ata os aproximadamente 5.400 participantes no evento.

Destacan tamén a delegación canadiense con 598 persoas, a mexicana con 287, a brasielira con 156, a polaca con 193, a alemana con 158, así como a irlandesa en relación á súa poboación, xa que aporta 145 deportistas. Tamén importante é a delegación neozelandesa, con 93 persoas.

Na inauguración as distintas delegacións concentraránse en varios puntos da cidade ás 17:15 para partir cara á Peregrina sobre las 18 horas e de alí tirar para a praza de España a onde chegarán coa bandeira galega de primeira e a española de última.

Comparte esta nova