GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

IMG 3454 2

Adáptase o web local do tríatlon á Gran Final das Series Mundiais de setembro

Irá aparecendo paulatinamente toda a información relativa ao evento

O espazo electrónico triatlon.pontevedra.gal, destinado a acoller toda a información dos eventos internacionais deste deporte na cidade, xa comezou a publicar contidos relacionados coa Gran Final das Series Mundiais que terá lugar entre o 23 e o 27 de setembro.

De momento, irán aparecendo neste sitio as novas que van xurdindo en torno á organización e a programación das carreiras, así como a apertura do período de inscricións para os Grupos de Idade, os sectores do evento que máis persoas atraen á cidade.

Tamén hai links a datos sobre a programación das viaxes e outros detalles de maior interese para as e os competidores. Nos próximos días irán aparecendo os horarios das probas e mesmo os percorridos das carreiras.

Comparte esta nova