MULTISPORT 2025 SPORT ART DIVERSITY PRIDE

WhatsApp Image 2025 06 29 at 23.06.06

Adeus co corazón

Unha clausura na que as autoridades precederon ao concerto de Javi Gómez Noya e a súa banda, Liorta

A cerimonia de clausura do Mundial Multideporte Pontevedra 2025, o mellor da historia en canto a datos de organización e participación, serviu para reafirmar o compromiso desta cidade co tríatlon e para pasar a testemuña do campionato á próxima cidade na que terá lugar: Abu-Dhabi.

Así o dixo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores: “O Multisport remata, pero non a relación temos con este deporte: o tríatlon, continúa e continuará sempre. O ano que vén volveremos montar este escenario para repartir as medallas da Gran Final das Series Mundiais por segunda vez”, dixo tras lembrar que en Pontevedra todo é posible. “Agardo que conectásedes con Pontevedra, coa súa amabilidade e a súa acollida, unha cidade que vive o deporte e sempre tien as portas abertas para quen vén”, dixo dirixíndose ás persoas que visitaron a cidade con motivo desta festa.

Tamén dirixiron as súas locucións e mensaxes de agradecemento o vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez; o secretario para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos e o vicepresidente de World Triathlon, Antonio Álvarez. “Grazas por permitirnos nadar nas súas augas, rodar polas súas rúas e correr polos seus parques, facendo desta cidade un escenario inesquecible”, dixo dirixíndose á máxima autoridade local.

Tras a entrega de medallas dos campións do mundo elite e de grupos de idade do Tríatlon de Longa Distancia disputados na última xornada, tivo lugar clausura do campionato que durante 10 días albergou a Boa Vila con gran éxito. Foron os Mundiais Multideporte cunha maior porcentaxe de mulleres participantes (31%) e contou con case 4.000 deportistas chegados de ata 44 países que tomaron parte nas probas de dúatlon sprint e stándard, tríatlon cros, dúatlon cros, acuatlón, longa distancia e aquabike desde o pasado día 20 ata hoxe.

Ademais dos medallistas de longa distancia e aquabike, homenaxeouse e recoñecido aos vinte “Legends” ou deportistas que completaron todos e cada un das campionatos do mundo celebrados durante estes 10 días en Pontevedra.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Federación Española de Tríatlon José Hidalgo e o vicepresidente de World Triathlon Antonio Álvarez, tomaron a palabra antes de proceder á entrega da bandeira de World Triathlon aos representantes de Abu Dhabi, país no que se organizará o Multisport 2026, na illa Hudayriyat.

Tras o acto, o ex triatleta local Javier Gómez Noya actuou co seu grupo Liorta e, posteriormente, foi a quenda de Broken Peach no escenario situado na Praza de España, como colofón a todos os actos dos campionatos.

WhatsApp Image 2025 06 29 at 22.24.56 2
Comparte esta nova