Fixéronse públicos os horarios da Gran Final Series Mundiais Tríatlon 2026, que se celebra en Pontevedra entre os días 24 e 27 de setembro de 2026. A primeira carreira, a das mulleres máis novas, comezará las 10:15 do xoves 24 e o campionato rematará o domingo 27, ao final dunha carreira que dará comezo ás 6 da tarde, cando sairá a masculina de elite.
Estes son todos os horarios das trece probas deportivas do Mundial:
- Xoves 24 JUNIOR Feminino 10:15
- Xoves 24 JUNIOR Masculino 11:45
- Xoves 24 Grupos de Idade TRI SPRINT 15:45
- Venres 25 PARATRIATHLON 10:00
- Venres 25 U23 Feminino 15:35
- Venres 25 U23 Masculino 18:35
- Sábado 26 Grupos de Idade TRI STANDARD 10:30
- Sábado 26 Grupos de Idade AQUABIKE 12:30
- Sábado 26 ELITE Feminino 18:00
- Domingo 27 JUNIOR/U23 MIXED RELAY 9:00
- Domingo 27 PARATRIATHLON MIXED RELAY 11:00
- Domingo 27 Grupos de Idade MIXED RELAY 13:00
- Domingo 27 ELITE Masculino 18:00
Todas as carreiras desta Gran Final terán o seu centro neurálxico no CGTD e Ponte dos Tirantes, zonas onde se instalarán as transicións. Como é habitual a natación desenvolveráse entre Tirantes e a pasarela da Illa do Covo, o sector ciclista pola Avenida de Compostela ata San Caetano e a carreira a pé polo centro histórico da cidade, coa meta no estadio de atletismo.
