GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

City h

A Gran Final difunde a calidade do país

O video de Ramírez&Law e diversos contidos gráficos encherán as redes relacionadas co campionato

Tanto os newsletters coma as redes sociais que utilizan as plataformas de tríatlon que xiran darredor da Gran Final —fundamentalmente as de World Triathlon e as Federacións Española e Galega de Triatlón dispoñen de material promocional da cidade e de Galicia con argumentos cheos de vitalidade para quen desexe andar por aquí mentres se celebra a cita mundialista.

Preparáronse diversos formatos gráficos con argumentos como a natureza urbana, o patrimonio histórico da cidade, as praias das Rías Baixas ou o Parque Natural das Illas Atlánticas, ademáis dos xa consolidados relatos sobre a gastronomía e a paisaxe. Tamén se inclúe un contido relativo á camiñabilidade urbana, un relato cada vez máis coñecido sobre Pontevedra e que conta cun destacado recoñecemento internacional.

Entre este material promocional atópase igualmente o video realizado polo creador local Emi Ramírez, sobre o tema “Lévame a ese lugar” de Law, unha das voces emerxentes máis relevantes da escena galega.

Entre outras armas seductoras para vir a Galicia difúndense tamén os enderezos electrónicos das principais plataformas turísticas: visit-pontevedra, Turismo Rías Baixas e Turismo de Galicia.

Comparte esta nova