GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

WhatsApp Image 2025 06 29 at 13.30.18

A Gran Final xa ten inscricións abertas

O campionato decisivo do mundial de tríatlon celébrase en Pontevedra entre os días 23 e 27 de setembro

Pontevedra volve acoller por segunda vez na historia entre os días 23 e 27 de setembro de 2026 a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que situará á cidade galega no epicentro internacional deste deporte, consolidando a súa proxección internacional e o seu papel protagonista como un dos mellores lugares do mundo para albergar competicións de primeiro nivel. Esta final do Mundial de Tríatlon será o evento deportivo máis importante dos que van organizarse o vindeiro ano en España.

Ademais de ser a última proba do calendario internacional de tríatlon de distancia olímpica onde os mellores triatletas e paratriatletas de todo o planeta xóganse o título mundial, tamén se celebran competicións para que os triatletas de categorías de grupos de idade (non profesionais) poidan ter a oportunidade de participar na mellor competición do ano. Xa é posible que triatletas de todo o mundo poidan inscribirse ás “World Triathlon Championship Finals Pontevedra” nas probas de tríatlon sprint, tríatlon standard e Aquabike.

Os triatletas españois federados contan cun desconto especial do 25% sobre os tres tramos de prezos de inscrición dispoñibles en función de cando se formalice a inscrición. O desconto aplícase no momento do pago. O 31 de xullo será o día no que se peche este proceso, se non se esgotan os dorsais con antelación. Do mesmo xeito, hai prezo tamén especial para aqueles triatletas que decidan facer unha inscrición conxunta a dúas distancias.

inscr abertas horiz
Comparte esta nova