GRAN FINAL DAS SERIES MUNDIAIS / WORLD CHAMPIONSHIPS FINALS    PONTEVEDRA LOVES TRIATHLON

Ravachol horiz

Ravachol súbese a unha Suzuki

Medra a colección de escenas do papagaio triatleta

Un Ravacholiño motorizado ten o detalle de retratarse montado nunha moticicleta de Suzuki, unha das empresas patrocinadoras da Gran Final. A mascota do tríatlon pontevedrés dá así un paso máis acutalizando a súa relación coa organización das probas deportivas.

A ave que debuxa cada ano o ilustrador pontevedrés David Campos para as probas internacionais colleu este ano unha dimensión motorizada, utilizando un vehículo do patrocinador, a empresa nipona Suzuki.

Ravachol figurará pilotando a moto en diversos carteis e sinalécticas urbanas nun debuxo inspirado na Scooter Adress, un dos modelos urbanos comercializados pola marca. Aínda que o loro chega antes voando, tivo a deferencia de posar para o ilustrador en moto, co seu casco e todo.

Esta figura de Ravachol motorizado é a achega deste ano 2026 á colección de escenas protagonizadas polo papagaio, das que fai o número 16. Antes Ravachol presentouse ante a xente do tríatlon facendo o corazón, o rapeiro, o trunfador, o corredor, o nadador, o ciclista, o indiferente, o que vai voando, o inclusivo, o que brinda con alvariño, o que fai un selfie, o cociñeiro, o peregrino, o nadaleiro e o rocker.

Comparte esta nova