O folk tribal de Zeltia Irevire inicia o venres, ás 8 da tarde o ciclo Somos Música, especialmente deseñado para a Gran Final e que tratará de animar as rúas ata o domingo 27, cando Panorama City pechará as sesións. Moi, o nome da banda de Pepe Solla, tocará a partir das 21:15 na praza de Ourense.
Somos Música divídese en duas partes: a música de rúa ata o martes, 22 e os 4 espectáculos finais, no escenario da praza de España coa música verbeneira de Ortiga, a electrónica de Galician Army, o folk de De Ninghures e o citado fin de festa, que terá lugar na esplanada do recinto feiral.
O sábado estará na Ferraría Uxía Lambona e a Banda Molona, un espectáculo infantil que comezará ás 19 h ao que seguirá o concerto de Hermanos Visi na praza de San Xosé ás 8 da tarde e hora e cuarto despois Helena Egea, na praza de Compostela.
Domingo será o turno de Purple na Peregrina a partir das 7, e luns e martes estarán os dj oficiais do evento, Fred Events, pinchando na Peregrina a partir das 6 da tarde coa súa música desenfadada e animosa.
O principal día deste ciclo, o mércores 23, coincidirá coa inauguración do evento para o que as distintas delegacións se reunirán por continentes en 5 puntos da cidade ás 17:15, para sair ás 18 cara á Peregrina, desde onde farán xuntos o seu desfile inicial pola Michelena, acompañadas de diversos persoaxes da compaía Pablo Mèndez Performances.
